Caridade e Servizo
O combustible que mantén acendida a fe.


Cáritas de Ribadeo
Cáritas de Ribadeo coordina, orienta e promove a acción caritativa e social nas nosas parroquias. Para levar a cabo a súa tarefa conta con un pequeno grupo de voluntarios, que son o piar básico e insubstituíble da acción de Cáritas Parroquial. O grupo de Cáritas das nosas parroquias representa a toda a comunidade cristiá neste servicio da caridade que os crentes vivimos como unha esixencia do mesmo Evanxeo. Así traballamos pola xustiza.


Pastoral da Saúde
Os cristiáns sabemos que os enfermos e tódolos que sufren ocupan un lugar moi especial no corazón de Deus. Por iso en moitas páxinas do evanxeo aparece Xesús cos enfermos e cóntanos como Iles regalaba o seu perdón, os curaba e Iles facía sentir a alegría da súa salvación. Por iso as persoas que sufren deben ser importantes para cada comunidade cristiá. Conseguir isto é a misión esencial do grupo de Pastoral da Saúde da nosa parroquia.
Parroquia de Santa María do Campo


Mans Unidas
Mans Unidas é a ONG da Igrexa Católica que loita contra a fame, a miseria, a enfermidade, o subdesenvolvemento, a falta de educación e mailas causas que provocan esta realidade. A súa visión fundaméntase no evanxeo e na Doutrina Social da Igrexa, que nos axudan a descubrir valores finais como a dignidade da persoa, o ben común, a solidariedade e mailo destino universal dos bens. Na nosa parroquia comezou un grupo de Mans Unidas.
Contacto
updaribadeo@gmail.com
+34 616 377 300
© 2025. Unidade Pastoral de Ribadeo.
Redes Sociais
+34 650 951 938
