Parroquia de Vilaselán


Parroquia de Santa María de Vilaselán
A igrexa de Santa María de Vilaselán é ao mesmo un santuario adicado ao misterio da Encarnación da Virxe que goza de gran devoción entre os fregueses de Ribadeo. O templo parroquial é un edificio do século XVIII, con nave rectangular e dúas sacristías. O edificio está reforzado con arcos faxóns e o retablo do altar maior é de estilo neoclásico. A igrexa conta tamén cun pórtico adosado ao muro dereito da nave.


Capela de San Miguel
Na Parroquia de Santa María de Vilaselán atópase tamén a Capela adicada a San Miguel. Trátase dunha pequea construcción de planta rectangular ubicada sobre o porto deportivo de Ribadeo. A capela conta cun pequeno pórtico armado sobre catro pilastras que o suxeitan e cunha sinxela espadana que alberga a campá.
Contacto
updaribadeo@gmail.com
+34 616 377 300
© 2025. Unidade Pastoral de Ribadeo.
Redes Sociais
+34 650 951 938
