Parroquia de Ove

Parroquia de San Xoán de Ove

A Parroquia de San Xoán de Ove, que abranque unha parte importante do núcleo urbano de Ribadeo, aparece xa en documentos do século XII. A igrexa parroquial é unha construcción do século XVII, inda que ten sufrido diversas reformas posteriores. O templo conta cun gran retablo na nave principal e outros dous nas naves laterais, todos eles de estilo barroco.